Esquerda Unida Vilagarcía

EU destapa no pleno un novo escándalo do acordo PP-PSOE en Vilagarcía

• No pleno de onte o PSOE ocultaba que o incremento extraordinario do orzamento para este ano incluía 26.549€ para órganos de Goberno

 

•           O Grupo Municipal de EU, por primeira vez en anos, tivo que solicitar que se explicasen as partidas que crecían, xa que o Goberno ocultou a nomenclatura das mesmas, co único obxectivo de esconder esta barbaridade

•           Esquerda Unida solicita transparencia 100% coas contas e que a oposición e os veciños e veciñas teñan acceso directo a calquera inversión ou cambio de partida facilmente

 

Vilagarcía de Arousa, 30 de outubro. O Grupo Municipal de Esquerda Unida denuncio onte no pleno un cambio de partidas orzamentarias, do presupostado para a Praza de Abastos a outros destinos extraordinarios, que incluía un epígrafe de 26.549€ para órganos de Goberno. Este gasto non previsto nesta lexislatura, xa sexa en salarios ou en indemnizacións, só pode corresponder ao sobrecuste do pacto PPSOE, que comezan xa a pagar dos seus petos os veciños e veciñas de Vilagarcía. En palabras de Suso López, voceiro do grupo, “que o equipo de Varela conseguira os salarios e as liberacións inflúe directamente na xestión do Concello, e vemos inxustizas como por exemplo a reclamación do sector cultural, que critican que Cultura non destinase 1.000 euros a apoiar aos nosos artistas na feira Culturgal. Os cartos, segundo para que, os sacan de debaixo das pedras. Pero o máis grave é a opacidade e o xogo de “trileros” para despistar e tapar, facendo moi complicado saber de verdade que están facendo co diñeiro dos cidadáns.”

Dende EU entenden que estes cartos serán adicados a pagar os salarios do liberado do PP e o cargo de confianza do PP, (facilmente acadable o traspaso mediante o principio de caixa única do departamento), e de non ser así demostran que mentiron, xa que dixeron que a súa proposta de dietas supoñía un menor custo que en anteriores lexislaturas. López afirma que “se antes estaba orzamentada e non chega, é que era mentira, ou que se están a pagar sobresoldos ao goberno en forma de dietas. A pinza PP-PSOE sae cara os vilagarciáns. Precisamente agora queda demostrado que cando menos 26.000€. Tivo que ser EU quen denunciase esta situación, que pasou desapercibida para todos, logo de reclamar a aclaración aos técnicos municipais, que remitiron a información o mesmo día do pleno.”

A formación liderada por López critica que o PP, o gran beneficiado desta situación, oponse publicamente ao cambio de orzamentos, pero logo permiten ca súa abstención que se aprobe o cambio de partidas. Unha posición que sen dúbida se da por temor a non poder cobrar en tempo e forma os salarios dos seus liberados.

EU entendía, e así o demostrou coa súa primeira moción desta lexislatura, que este incremento de crédito debera ir para as necesidades sociais evidentes do Concello, así como as melloras nos centros centros educativos para as que se negan posibilidades, ou actuacións culturais.

 

 

Esquerda Unida Vilagarcía

Av. Agustín Romero, 7 Villagarcía de Arosa, Pontevedra, España,
Madrid 36600,
Spain

Newsletter

Powered by PRNEWS.io